Rocío Leira leva a intriga ao IES Maximino Romero de Baio, en Zas

La escritora Rocío Leira en el IES Maximino Romero de Lema_Cedida

  • O centro celebra o III Mes do Libro

Continúan as actividades do Mes do Libro no instituto baiés Maximino Romero de Lema, en Zas, que celebra a súa terceira edición cos visita de varios escritores da zona. Se hai uns días acudían ao centro Evaristo Domínguez e Xosé María Lema, autores de Zas polo miúdo, este luns foi o turno da escritora ceense Rocío Leira.

O encontro literario iniciouse co alumnado 4º da ESO e co visionado dun booktrailer elaborado por varias alumnas sobre o libro Veleno en familia, unha historia onde se aborda a situación das mulleres na sociedade rural galega e a complexidade das relacións familiares.

Na segunda sesión a autora reuniuse con alumnos e alumnas de 3ª da ESO para comentar aspectos da súa novela recentemente publicada A afogada, Premio de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo. Creouse un debate onde se trataron as mentiras, o maltrato e, sobre todo, as altas capacidades da protagonista, derivando nunha reflexión colectiva sobre o tratamento nos centros de ensino do alumnado con estas características.