Rocío Seijas, nova alcaldesa de Monterroso

Logo dun ano convulso na corporación municipal, os Independentes por Monterroso recuperan a alcaldía da man de Rocío Seijas. Gobernarán en maioría tras o pacto de goberno co Partido Popular. Os socialistas tamén presentaban candidatura, pero liderarán a oposición.

A nova corporación tomaba posesión tras a renuncia do anterior rexedor, Antonio Gato, un histórico do PSdeG, pero que nesta lexislatura chegaba á alcaldía liderando a lista de Independentes por Monterroso.

Comezaba o seu mandato con polémica, tras conseguir o cuarto concelleiro por tan só un voto de diferenza co seu anterior partido, os socialistas.

Un mes despois rompía co seu propio grupo e pasaba a gobernar en minoría a través de decretos. Hai tres semanas deixaba o camiño libre á nova corporación.