Rodríguez e Caamaño levan o Rally de Narón

1 minutes read

O Rallye de Narón estreaba unha nova formulación, xa que tras un tramo espectáculo na tarde noite do venres a carreira disputábase en tres tramos diferentes aos que había que dar tres pasadas. Caamaño e Meira realizaron un rallye moi regular e igualado, mostra diso son os tan só sete segundos que os separou a ambos, mentres que Senra vía como os freos do seu vehículo non estaban a funcionar como el agardaba.

Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, cun Ford Fiesta R5, impuxéronse na 32º edición do Rallye de Narón, proba disputada na comarca de Ferrolterra e que supuxo para o piloto de Culleredo regresar tras moitos meses ao alto dun podio, superando en sete segundos aos segundos clasificados, Alberto Meira e José Murado, co Citroën DS3 R5, sendo a terceira posición final para Víctor Senra, que neste rallye sufriu varios contratempos no seu Citroën C3 R5 e que desta forma perde a primeira carreira do ano xa que ata agora contaba as participacións por vitorias.