Rolda de prensa do alcalde de Cerceda tras a anulación da súa condena

A Audiencia Provincial da Coruña anulou a sentenza que condenaba ao alcalde de Cerceda, José García Liñares, a un ano e medio de prisión e 16 anos de inhabilitación por prevaricación e fraude polas obras do botánico de O Acevedo, e ordena repetir o xuízo con outro maxistrado distinto debido a que considera que na vista na que se abordaron os feitos denunciados quedou comprometida a “imparcialidade xudicial”.

Deste xeito, prospera o recurso interposto pola defensa do rexedor. Esta decisión, segundo confirmou o letrado tamén, permitirá ao alcalde -que se diu de baixa no PSOE tras a súa imputación, pero que continuou como deputado provincial e responsable de Deportes ata a súa condena- concorrer aos comicios municipais do próximo 26 de maio. O rexedor ofreciu todos os detalles, baixo o seu punto de vista, en rolda de prensa que podes visualizar a continuación.

Rolda de prensa de José García Liñares

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha