Roma | O papa Francisco recibiu este luns ao presidente da Generalitat

Pere Aragonès foi recibido polo papa Francisco no Vaticano, durante o seu encontro, de preto de media hora, abordaron «a actualidade política en Cataluña e en España». Segundo o ‘president’ catalán, o pontífice expresoulle «que o camiño sempre é falar entre diferentes para poder chegar a acordos».

«Tiven a oportunidade de comentar co Santo Pai a situación política, a actualidade política en Cataluña e en España. E neste sentido, reafirmei a miña aposta polo diálogo, a negociación e a necesidade de chegar a acordos que permitan resolver todos os conflitos», dixo Aragonès aos medios tras reunirse con Francisco, ao que agradeceu a súa amabilidade e a súa dispoñibilidade para escoitar os seus posicionamentos.

Preguntado sobre se se abordou o tema da amnistía, o presidente da Generalitat asegurou que Francisco «ten interese en todo o que son cuestións que interesan ás persoas», pero evitou dar máis detalles. «O papa é un bo coñecedor da historia política de España e de Cataluña. Hoxe púideno comprobar e evidentemente hai cuestións que falamos», concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha