Román Rodríguez anima á mocidade a participar nas bolsas Fulbright para estudos artísticos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director executivo de Fulbright España, Alberto López, participaron este xoves na xornada de presentación das bolsas Galicia-Fulbright para estudos artísticos. Unha liña de axudas na que Galicia é pioneira e que a Xunta convoca anualmente en colaboración coa Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright).

O titular do departamento educativo do Goberno galego animou á mocidade para participar neste programa, que ten como obxectivo que cinco mozos que teñan conexión con Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos e traxectoria profesional poidan completar a súa formación nos Estados Unidos. Neste sentido, lembrou que aínda está aberto o prazo para que os interesados presenten a súa solicitude para participar nesta experiencia, “unha oportunidade para ampliar a súa cualificación e para avanzar na súa especialización”.

Estas bolsas redundan tanto na mellora da calidade do traballos das persoas seleccionadas como na súa proxección a nivel galego, estatal e internacional. Os interesados en participar neste programa de mobilidade poderán solicitalo ata o 12 de xaneiro de 2023 no web da Comisión. A duración da bolsa é de entre 6 e 12 meses continuados, que se gozarán entre agosto de 2023 e decembro de 2024.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha