Román Rodríguez presenta o Xacobeo 21 como unha oportunidade para os empresarios de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse este luns con representantes do tecido empresarial galego para presentar o vindeiro Ano Santo e avaliar o impacto económico desta celebración para toda a Comunidade. Durante un almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, Román Rodríguez pronunciou a conferencia Xacobeo 21, oportunidade para a empresa galega, centrada na importancia do Camiño de Santiago para o desenvolvemento de Galicia.

Así, fronte aos máis de cen empresarios que acudiron a cita, o titular de Cultura e Turismo explicou que o Camiño de Santiago “foi durante séculos o principal dinamizador socioeconómico do norte da península” e que a Ruta Xacobea está “profundamente ligada á actividade económica que trae consigo”. “O Camiño de Santiago trouxo visitantes, comercio e un importante desenvolvemento que deixou a súa pegada en todos os pobos e vilas polos que pasa”, subliñou.

Incentivos fiscais

Para incentivar a participación do tecido empresarial no vindeiro Ano Santo, as entidades recibirán, tal e como explicou o titular de Cultura e Turismo “os máximos beneficios fiscais establecidos pola lei”. Nesta liña, Román Rodríguez detallou que existen tres categorías de colaboración: convenios, doazóns e publicidade.

A finalidade de todos estes incentivos é, segundo salientou Román Rodríguez, “construír un Xacobeo 21 do que todos os galegos se sintan parte”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha