0
Con elas, xa son catro os sistemas de última xeración despregados neste país membro da OTAN. O tenente coronel Cezar Dedu fala das vantaxes deste novo equipamento y explica: “Unha das particularidades deste sistema é que ten unha capacidade antibalística que Romanía e o Exército romanés nunca tiveran ata a chegada do sistema Patriot. É moi complexo, baséase en moita tecnoloxía dixital, moita información, os radares son moi potentes e por eso os obxectivos son moi fáciles de alcanzar…” O pacto con Estados Unidos prevé a adquisición dun total de 7 sistemas de mísiles Patriot. Ademais, tamén inclúe os recambios, a munición e o adestramento dos soldados romaneses no manexo destes equipos.