Rómpese a tregua en Gaza | Volveu o intercambio de lume este venres

O exército de Israel dixo interceptar un foguete disparado desde Gaza. Acusou de inmediato a Hamás de violar o que chamou «pausa operacional». As forzas armadas dixeron retomar os combates contra Hamás. 8 palestinos morreron tras os primeiros ataques aéreos israelís na Franxa de Gaza. Desde primeira hora deste venres o exército israelí sobrevoa a Franxa de Gaza e abriu fogo no noroeste do enclave segundo o ministerio do Interior gazatí. O secretario de Estado dos Estados Unidos, Anthony Blinken pediu a Israel que se axuste ao dereito internacional humanitario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha