Ronaldo Nazario oficiou a súa chegada ao Obradoiro

1 minutes read

O emblemático ex-internacional brasileiro e tamén histórico xogador de equipos como o Real Madrid ou o Barcelona, Ronaldo Nazario, chegou este mércores á praza do Obradoiro, onde foi recibido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O ex-xogador de fútbol realizou a travesía a Santiago a través do Camiño de inverno, acompañado da súa muller e un grupo de apoio, en seis etapas, saíndo de Valladolid o domingo 5, tal e como tiña dito de facelo se o seu equipo ascendía.

No seu recibimento no Obradoiro, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé na importancia que ten a visibilización do Camiño de Santiago de man de persoas de relevancia como Ronaldo. O ex-xogador brasileiro transmitiu a súa viaxe a través do seu canal de “Twitch”, onde ten máis de 51.000 seguidores.