Rosa López, Carlos Núñez, Chenoa ou Los Secretos, participan no especial números 1 de Novahit

1 minutes read

«As mañás de Frisco» o programa matinal de Nova Hit que comezaba alá por 2004 dirixido e presentado polo coñecido radio deejay Frisco Taibo poñerá no aire este mércores a partir das 10.00 horas o seu especial números 1 do ano.
Frisco dará un repaso en 4 horas de radio en directo aos éxitos deste 2021, pero non só soarán os temas máis punteiros deste ano, habrá clásicos, participacion dos oíntes e en definitiva unha edición especial dinámica para pasar a mañá da mellor maneira posible.

No programa quixeron participar coas súas felicitacións aos oíntes, entre outros artistas, Rosa López, Carlos Núñez, Chenoa, Lérica, Los Secretos, Ariel de Cuba, Azul y Negro, Leticia Sabater, Rafa Sánchez de La Unión, Funambulista ou Javier Gurruchaga, ata un total dunha trintena de artistas que irán desfilando ao longo da mañá.

O especial de números 1 de «As mañás de Frisco» que vai camiño do programa 4000 ,podes sintonizalo en NovaHit a través da FM ou desde calquera parte do planeta en http://www.novahit.net. Mércores 29 de decembro de 10.00 a 14.00 horas.