Rosa López estará este xoves en Nova Hit


A gañadora da primeira edicion do programa televisivo Operacion Triunfo, a eurovisiva Rosa López estará este xoves con Frisco no programa matinal de Nova Hit, dando un repaso ás súas experiencias musicais ao longo destes máis de 20 anos da súa exitosa carreira musical e falando do seu último single “Si no te vuelvo a ver“, lanzado recentemente, cunha canción de corte pop onde a voz de Rosa López toma un protagonismo especial. Nova Hit Radio “As Mañás de Frisco” de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, na FM ou a través de www.novahit.net