21
A Asociación de Filloas da Pedra da Baña preparou 1.700 litros de amoado con produtos ecolóxicos para que miles de persoas poideran degustar as ricas filloas durante a fin de semana, que estiveron acompañadas de racións de orella de porco, chourizo, lacón, ou con chocolate, mel e nata para os máis lambóns. A exaltación, que vai camiño do seu vixésimo aniversario, espera contar en 2024 coa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiron este domingo a esta XIX Festa da Filloa da Pedra, que se celebrou no concello da Baña.