A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo un encontro por videoconferencia coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, no que lle expuxo os principais asuntos de interese do sector marítimo-pesqueiro galego e lle trasladou que considera disparatada a pretensión do Executivo comunitario de facer obrigatoria a instalación de cámaras de videovixilancia a bordo da frota europea por entender que se trata dunha medida que criminaliza ao sector. No referente á videovixilancia a bordo, a conselleira mesmo lembrou que tanto a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo como outros actores do sector son máis partidarios de que esta medida sexa voluntaria -cun sistema de incentivos para a súa instalación- ou obrigatoria como sanción para aqueles que cometan algunha infracción grave da normativa pesqueira, unhas opcións que terían unha maior aceptación no sector.
29