27
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visita este martes o peirao de Fisterra para informar dos apoios que ofrece a Consellería do Mar ao sector para a mellora dos equipamentos en lonxas, portos e lugares de desembarque e comprobar as melloras nas instalacións portuarias que está a realizar Portos de Galicia. Tamén manterá unha xuntanza cos representantes da confraría de pescadores local.