27
Este sábado ás 13:30 horas era soterrada no cemiterio de Boisaca, en Santiago, Rosario Porto. Ao enterro asistiron en torno a unha ducia de persoas, entre as que se encontraba o que fora o seu abogado José Luis Rodríguez Aranguren. Os restos da nai de Asunta foron trasladados desde o tanatorio de Ávila, onde permanecían á espera dos resultados definitivos da autopsia desde que se suicidara o 18 de novembro no cárcere de Brieva. Alí cumpría condena polo asasinato da súa filla. Foi un acto sinxelo e con apenas asistentes. Os parentes que se fixeron cargo do corpo non convocaron ningún acto de despedida.