Róterdam desmontará unha icónica ponte para dar paso ao iate de Jeff Bezos

O municipio neerlandés de Róterdam desmantelará o seu icónico ponte De Hef para que un iate comprado polo fundador de  Amazon, Jeff Bezos, poida cruzalo. A decisión desatou a polémica xa que o concello prometeu non tocar este monumento nacional tras a súa restauración en 2017. A ponte é tamén un monumento histórico, unha rareza na cidade que sufriu importantes danos na Segunda Guerra Mundial. Bezos, considerado o home máis rico do mundo, encargou a unha empresa holandesa a construción dun iate xigante que terá tres mastros, polo que será demasiado alto para pasar por baixo da ponte, o que levou á empresa a pedir ao concello que desmantele a estrutura central. O propio Bezos correrá cos gastos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha