Rotundo éxito da Festa da Fabada de Paiosaco

1 minutes read

Amencía fresca a xornada deste domingo, pero ese non era un problema para os máis madrugadores que asistían en aglomeración a feira de Paiosaco. Os fogóns estaban a cen graos, o viño no seu punto e a fabada quentiña e saborosa.

A Asociación Cultural Queiroga tiña todo perfectamente organizado para unha nova edición da Festa da Fabada, que se desenvolveu durante esta primeira feira de Paiosaco do outono. Desde as 9:00 horas púidose degustar este produto no campo da feira. O evento gastronómico complementouse con mostras de artesanía e música tradicional galega.

Catrocentos quilos de fabas deron de sí máis de tres mil tapas e racións que circularon durante esta edición que foi cualificada de rotundo éxito por organizadores e visitantes.