Rotundo éxito da XXIX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

https://nhdiario.eses/nh_tv/?fbclid=IwAR2Bvz7XBG1iyv_bx9seI9DoHo7SMTKzf4puAh0K9U-QgiNqRZX-5Quo33M

Enlace de emisión de 10 horas en directo dende a Mostra o 21 de abril.

Desfiles, radio, entrega de premios e clausura.

A sesión matinal deste domingo, último día, da XXIX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas daba comezo as 11 da mañán co Grupo de gaitas «Con todo en banda». De seguido o IV encontro de Corais Mostra do Encaixe puxo en escea a música enxebre tradicional de: Abaladeiras de Muxía, Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco e Coro Brisas do mar de Camariñas. Presentado por Xosé Luis Blanco Campaña.

Ao remate das actuacións das Corais, todas xuntas e os presentes, entonaron a canción de «Camariñas»

Pasadas as 13 horas tivo lugar o primeiro desfile da xornada, neste caso a cargo das «Delegacións encaixeiras internacionais», baixo a Colección «Son do mar» do estilista internacional «Carlos Bardullas», chegando a formarse ringleiras de persoas para entrar ao evento.

Longa cola de visitantes a hora de entrar no primeiro desfile deste domingo.

As 4 da tarde, logo da entrega de diplomas do campamento náutico Encaixe Azul e o acto de agradecemento aos stands participantes, pasadas as 18 horas tivo lugar o desfile de «Grandes deseñadores». De seguido o dessfile «Noveis Deseñadores A e B».
Os gañadores: Primeiro posto para Yolanda de Vigo. Segundo lugar para Alvaro Castillo de Zaragoza, participante coa firma Zurdo. Terceiro posto para o dúo formado por Laura e Alba. O acto rematou coa clausura presentada por Xosé Luis Blanco Campaña, a intervención musical de Lucía Pérez e a «Entrega de Premios»

Noveis deseñadores.
Iolanda gañou o primeiro premio inspirada na problemática da violencia de xénero.
Intervención musical de Lucía Pérez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha