Rouban a recadación das excursións nun colexio da Laracha

O colexio Otero Pedrayo da Laracha sufriu dous roubos. O último, esta fin de semana. Os ladróns entraron pola ventá dunha aula situada na planta baixa e forzaron tres portas ata que chegaron ao lugar onde se atopaban os cartos recadados de varias excursións.

Os furtos suman 5.000 euros en total. Sospeitan que se trata de alguén que coñece ben as instalacións, xa que en ambas as dúas ocasións dirixíronse onde estaban gardados os cartos.

Esta situación, din dende o centro, espertou intranquilidade entre os cativos, e mesmo a actividade docente se viu alterada polos danos que deixaron os ladróns na aula pola que entraron. A autoridade competente está a investigar as pegadas para identificar aos autores dos feitos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha