67
O ladrón ou ladróns forzaron a porta e, cando accederon ao domicilio, foron directamente ao armeiro, de onde subtraeron as armas, cinco pistolas e revólveres, pero onde deixaron unhas vinte escopetas. Aparentemente non levaron máis nada da vivenda nin do domicilio de enfronte tampouco, malia que tamén forzaron a porta. Dáse a circunstancia de que entre as pistolas roubadas está a arma regulamentaria do garda civil. A Policía Nacional investiga os feitos.