A Garda Civil procedeu á detención dun home residente en Torrexón de Ardoz (Madrid) e á expedición dunha orde europea de detención doutro home de nacionalidade francesa, residente en Montbeliard, como autores dun delito de estafas utilizando as novas tecnoloxías.
A operación, denominada MANTHER3, levada a cabo polo Equipo de Estafas Telemáticas da Compañía da Gardia Civil da Coruña, a cal contou co apoio operativo do Policía Local e Policía Nacional de Torrexón de Ardoz, finalizou coa identificación e detención destes dous homes.
A operación comezou por mor dunha denuncia interposta no cuartel da Garda Civil de Oleiros, en que a vítima expoñía que lle realizaban unha transferencia fraudulenta desde a súa banca en liña por importe de 1.000 euros sen poder executar ningún tipo de cancelación da mesma.
Ademais, un dos supostos autores usurpou unha identidade ao utilizar datos dunha carta nacional francesa dunha terceira persoa para crear a conta final que utilizaba para controlar o fluxo de diñeiro do resto de contas ponte das ‘mulas informáticas’.
Aos investigados non lles constaban outros feitos delituosos co mesmo modus operandi. O corpo remitiu dilixencias ao Xulgado de Instrución de garda da Coruña.