Accederon ás instalacións pola parte traseira da nave e despois rebentaron unha porta lateral cunha viga de madeira. A alarma comezou a soar pero o roubo foi moi rápido. As cámaras de seguridade captaron como dous homes foron dereitos a coller as mellores motoserras que había no expositor.
Os ladróns evitaron a estrada que pasa diante da tenda e fuxiron pola parte traseira e cargados coas motoserras subiron ata unha leira en que tiñan un vehículo esperando.
Este é o segundo roubo que sofren aquí en menos dun ano. Da outra volta os danos e as perdas foran aínda maiores. Daquela rebentaran o escaparate da fachada principal e leváranlle 13 motoserras.