Rouban no Mercadona e nunha perfumería de Carballo a plena luz do día

1 minutes read

Os amigos do alleo non cesan no seu empeño de cometer as súas falcatruadas na capital de Bergantiños. Este xoves, a plena luz do día tocoulle a quenda ao supermercado Mercadona da rúa Luís Calvo e á perfumería Garrote da céntrica rúa Horreo. Ambos os sucesos producíronse sobre o mediodía e á primeira hora da tarde, con escasos minutos de diferenza. No caso da perfumería sospéitase que unha parella nova se compenetrou para levar a cabo o furto de varios botes de fragrancias de marca valoradas en 750 euros. No Mercadona dous homes subtraeron á carreira varios paquetes de polbo ante a mirada dos presentes e dos empregados da tenda. En ambos os casos os suxeitos están practicamente identificados, pero aínda non foron detidos. A Garda Civil de Carballo instrúe dilixencias tras recibir as correspondentes denuncias.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?