Rouban o diñeiro que portaba unha máquina comecartos dun bar de Coristanco

1 minutes read

O Bar Antoxo, ubicado no centro de Coristanco, foi o punto elixido polos amigos do alleo na madrugada deste venres para levar a cabo un roubo acompañado de numerosos danos materiais no local. Os feitos sucederon ás cinco da madrugada, tres individuos chegaron nun Seat Ibiza de cor amarela, aparcaron diante do bar, forzaron a porta principal entre dous e un terceiro esperaba co coche en marcha. A manobra chamou a atención de varios residentes na zona, pero non foi suficiente, en cuestión de segundos reventaron o peche da máquina comecartos e levaron un caixón. Como se pode ver nas cámaras de seguridade do establecemento, non contentos con eso volveron polo outro, deixando a máquina totalmente esnaquizada. Tal e como declarou a xerente do local, Silvia Verdía. Ademais dos danos na propia comecartos, no peche, no motor e na porta da entrada, Silvia afirma que o botín do interior do aparello podería ascender a uns 1.200 euros en metálico. Sobre o turismo utilizado pesaba unha requisitoria nas forzas de seguridade por haber sido sustraído con antelación na localidade de Baio.