Rouban os equipos de enlace de datos do operador local de TDT da Costa da Morte

1 minutes read

Os feitos delituosos producíronse en diferentes fases, en primeiro lugar, a mediados do mes de febreiro persoas descoñecidas sabotearon un único equipo, a finais de febreiro cortaron un dos cables de conexión e o pasado domingo á unha do mediodía cortaron os cables e levaron os equipos dunha das instalacións situadas nunha torre no termo municipal de Cee. O certo é que os delincuentes sabían moi ben ao que ían eo o dano que facían, dado que nos tres casos, só inutilizaron os equipos e cables dun único operador, cando a mesma instalación é compartida por diferentes empresas, sobre todo de telefonía móbil e internet, e que non sufriron dano algún. A empresa afectada, ligada a este medio, é a operadora designada polo Ministerio de Industria Comercio e Turismo para a expansión do sinal de TDT local desde A Laracha ata Fisterra, entre outros servizos. Este luns a firma procedeu á presentación da correspondente denuncia no cuartel da Garda Civil de Corcubión, que investiga os feitos en base aos diferentes datos achegados pola firma denunciante, dado que quedou gravada a hora exacta do corte e diferentes tipos de probas. Trátase dun material utilizado nun círculo moi pechado de actividades, radio, tv, internet ou datos, polo que tamén se investiga se puidese estar relacionado coa posta en marcha a pasada semana dunha emisora de radio en fm, sen licenza, en Cee. O valor do material subtraído supera os tres mil cincocentos euros, polo que o autor ou autores do furto contra o patrimonio poderían enfrontarse a penas que poden alcanzar ata os tres anos de prisión.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?