Rouban tres veces na casa parroquial de Pastoriza, en Arteixo, mentres o cura durmía


Ata en tres ocasións entraron os ladróns por unha ventá na casa parroquial de Pastoriza, no concello coruñés de Arteixo, situada a escasos metros da igrexa. Pero este non é un caso illado.

Tamén entraron nunha panadería. Forzaron a porta e unha vez no interior esquivaron a caixa rexistradora para evitar ser gravados pola cámara de seguridade. Foron directos a un caixón da oficina á procura de cartos. Porén marcharon coas mans baleiras porque os propietarios do negocio escoitaron ruídos, baixaron ao local e eles fuxiron. Si lograron roubar nun bar.

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer todos estes roubos e poder dar co paradoiro dos ladróns.