26
- Tamén se rexistraron danos na fonte de auga da área de recreo canino
Continúan os actos vandálicos nos espazos públicos da Laracha. O último deuse no parque infantil da área de Gabenlle, onde esta fin de semana roubaron o bambán-cesta. A Policía Local abriu unha investigación e procedeu a acordoar o espazo para «advertir da circunstancia», sinalan desde o goberno local. Tamén se rexistraron danos na fonte de auga da área de recreo canino, recentemente aberta ao público, que ademais xa sufrira o roubo de parte do seu valado perimetral.
O Concello da Laracha lamenta estes sucesos, tanto polo custo económico da reparación dos danos como por «tratarse de actos que perturban a tranquilidade dos veciños e usuarios destes equipamentos».