30
A última hora da tarde deste xoves unha xoiería situada na céntrica zona do Campo da Feira de Santa Comba sufriu un roubo polo mesmo método que outros comercios da mesma actividade semanas atrás na Costa da Morte.
Unha persoa accedeu ao local sen levantar sospeitas e, ao parecer, solicitou unha cadea de ouro. Tras ser atendida arrebatou o mostrario de cadeas á persoa encargada da tenda dándose á fuga á carreira. Segundo testemuñas presenciais, nas inmediacións esperáballe un coche en marcha que se foi do lugar a fume de carozo.
Os corpos e forzas de seguridade investigan o ocorrido para tratar de localizar ao autor ou autores do roubo, algo que vén repetíndose na zona dunha forma moi similar.