Ruanda lembra os 25 anos do xenocidio

1 minutes read

A matanza acabou coa vida dunhas 800.000 persoas. A noite do 6 de abril de 1994 dous mísiles derrubaron o avión no que viaxaba o presidente ruandés, Juvénal Habyarimana, e o presidente de Burundi, Cyprien Ntaryamira. Morreron ambos, da etnia hutu. Ocorreu en Kigali, a capital do país, onde se levantou o Memorial para o recordo.
Aline Uwase, guía do monumento, expresa que “dunha forma ou outra, tivemos que atopar unha maneira de reconciliarnos, non porque tivésemos que facelo, senón porque queriamos a paz. Non porque os que mataron á miña familia ou os que tomaron a vida das persoas merecen ser perdoados, senón porque merezo a paz”. O suceso provocou un xenocidio impulsado pola maioría hutu contra a minoría tutsi.

Case todas as victimas foron tutsis, pero tamén as houbo hutus moderados. Ruanda lembrou o horrible acontecemento este domingo para evitar que caia no esquecemento, con actividades que se celebraron en todo o país.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?