Rubén Lorenzo destaca a presenza da Costa da Morte nos orzamentos da Xunta para 2022

1 minutes read
Foto de archivo del popular Rubén Lorenzo

O deputado autonómico do PP, o carballés Rubén Lorenzo, fixo unha valoración da presenza das inversións para a Costa da Morte no recentemente aprobado orzamento da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2022.

Cun investimento total para a zona de 21 millóns de euros, Lorenzo destaca a partida destinada á Vía de Alta Capacidade Baio-Berdoias, dotada con 3,5 millóns de euros. Segundo o deputado popular, «isto permitirá cumprir o compromiso da Xunta de Galicia coas infraestructuras da Costa da Morte».

Destacan tamén o saneamento de Cee e Corcubión con tres millóns de euros, ou o abastecemento de auga ao Concello da Laracha por 1,85 millóns de euros. Na capital de Bergantiños, varias actuacións resultan primordiais; a actuación especial que se levará a cabo incluída no plan específico contra as inundacións, que conta cun orzamento próximo aos 900.000 euros, 500.000 euros de inversión para a variante e 450.000 euros para unha nova ampliación do polígono de Bértoa.

Rubén Lorenzo concluíu afirmando que estes son uns «orzamentos do apoio ás familias e aos sectores económicos, da baixada de impostos, do reforzo do gasto social e o investimentro produtivo para a volta ao crecemento en Galicia, pero tamén na Costa da Morte”.

Valoración do deputado Popular, Rubén Lorenzo.