Rubén Rey regresa ás filas do Calvo Basket Xiria


Rubén Rey Artigas (A Coruña · 1993). Tras o paso polo CB Chantada, o ala-pivot coruñés volve a xogar unha nova tempada en Carballo (terceira), onde volve a coincidir con ex compañeiros da súa etapa de formación e desde o club esperan, como así avala a importante traxectoria en Liga EBA, unha gran aportación no xogo do CALVO BASKET XIRIA.
Xogador moi habilidoso (1,98 m.) que se desenvolve moi ben en posicións interiores e cunha importante traxectoria en Liga EBA (2.247 puntos en 4860 minutos e 810 rebotes –media: 29 min, 14 puntos e 5 rebotes–), que o fai ser un dos ala-pivots mas valorados nesta categoría nacional. O xogador comezou a practicar baloncesto con 11 anos, no colexio coruñés de Sagrada Familia, para logo ir ás categorías base de Basquet Coruña; a posterior xogou un ano no CB Narón, antes de fichalo o Basket Xiria na tempada 2019/20 e tras pasar unha tempada en Chantada, retorna a Carballo para volver a disputar unha tempada máis a Liga EBA e así poder desfrutar do seu xogo e saber facer na “pintura”.