Adiantou incrementos nas axudas para libros de texto e que se estenderá o vale para material escolar a todas as familias con renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior aos 10.000 euros, xa que lembrou que, ata momento, esta axuda só a percibían as rendas iguais ou inferiores aos 6.000 euros. Deste xeito, salientou que se incrementará nun 40 % o número de alumnos beneficiados por estes vales de material, “ao pasar de 95.000 a 130.000”. Deste xeito, aumenta o incremento xeneralizado nas contías, que oscilarán entre os 160 € e os 270 euros, fronte aos 140 euros e os 240 euros do curso pasado. Cómpre lembrar que estas subvencións abranguen os dous primeiros cursos de primaria, en que os libros non son reutilizables. Concédense tamén ás familias con fillos con necesidades específicas de apoio educativo, e en toda a educación especial.
34