Rueda anima a visitar este Nadal o Belén de Begonte que cumpre cincuenta anos

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou este venres a visitar este Nadal o Belén de Begonte, declarado de Interese Turístico Galego, e que celebra este ano o seu cincuenta aniversario nesta vila chairega. 

Rueda asistiu á inauguración desta instalación, da que resaltou a súa singularidade e orixinal sistema de animación que fai que se teña convertido nun referente do Nadal galego. Así, salientou que o Belén de Begonte transcende a súa orixe relixiosa e forma parte do patrimonio cultural de Galicia, ata o punto de que atrae cada ano ao redor de 40.000 visitantes. 

O mandatario galego tamén considerou que o Belén de Begonte reflicte valores cos que facilmente se poden identificar todos os galegos e galegas. Entre eles, apuntou o traballo en equipo de toda a veciñanza, que cada ano fan novas pezas de xeito voluntario; a aposta pola tradición e innovación que se percebe na actualización do seu mecanismo de funcionamento e o interese por seguir mellorando e actualizándose.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?