Rueda anuncia bonificacións para os concellos que implanten o contedor marrón

1 minutes read

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou no Parlamento de Galicia que o Goberno autonómico introducirá o vindeiro ano unha bonificación do 15% no recibo de Sogama a todos os concellos que se comprometan, antes de que remate 2023, a implantar o quinto contedor -o marrón- para seguir separando residuos.

Con esta medida, o Executivo autonómico promove a redución da produción de residuos, á vez que incrementar a reciclaxe dos envases lixeiros e o traslado do importe desta bonificación ao recibo da veciñanza. “Baixamos os impostos, coidamos do medio ambiente e coidamos as persoas”, remarcou Rueda para defender as actuacións recollidas nos Orzamentos de 2023 da Xunta, dos que enxalzou que son os “máis elevados da historia, con 1.000 millóns de euros máis”.