O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico acaba de declarar ambientalmente viable o novo Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Vigo e faino, ademais, tan só seis días despois de que o Concello lle remitira a documentación completa e necesaria para poder analizar o expediente. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda formulou a declaración ambiental favorable do documento urbanístico, que empezou a tramitar o Concello de Vigo a raíz da anulación por parte da Xustiza do planeamento aprobado no ano 2008. “Desde o principio, a Xunta fixo todo o posible para que o Concello de Vigo teña un PXOM adaptado á legalidade”, indicou o presidente, quen asegurou que se acortaron “ao máximo os prazos administrativos que dependen da Xunta”.
32