38
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego ofrecerá un contrato estable de tres anos para todos os residentes de medicina de familia tan pronto rematen a súa especialidade. Durante a sesión de control no Parlamento de Galicia, Rueda adiantou que esta é unha das iniciativas que o Sergas lles propuxo este mércores aos representantes da Mesa Sectorial de Sanidade, xunto á de convocar este mes de febreiro máis de 400 prazas fixas sen oposición para lugares de difícil cobertura. En concreto, precisou que irán dirixidas a cubrir postos de médicos de familia, pediatras de atención primaria, facultativos en hospitais comarcais e profesionais da saúde mental.