Rueda anuncia un proxecto de melloras nas infraestruturas e accesibilidade na illa de Ons

1 minutes read

O titular da Xunta anunciou a aprobación dun proxecto de acondicionamento da Illa de Ons que contará cun investimento de 1,4 millón de euros. “Trátase de facer melloras nas infraestruturas básicas e na accesibilidade, na xestión de residuos, na sinalización ou no control de aforamentos de visitantes”, engadiu.

As áreas de actuación serán: o punto de acceso á illa, o centro de Información, a rúa principal da vila, o espazo da contorna da depuradora, o acceso ás praias do sueste, a sinalética e mobiliario dos espazos públicos, a recuperación dos camiños da illa e a mellora do almacén para dornas, habilitando para os pescadores unha área máis protexida e privada, cun novo portalón de madeira que permita controlar o acceso.

Este proxecto enmárcase nos 12 BIC de titularidade pública galegos dentro do Plan Xacobeo Next Generation polo cal se levan a cabo proxectos de mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico galego.