Rueda anuncia unha bonificación do 50 % no imposto sobre o patrimonio


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este venres unha bonificación do 50 % no imposto sobre o patrimonio en Galicia, ao sumar un 25 % ao 25 % que xa se aplicaba. Rueda pronunciou unha conferencia titulada ‘Competitividade e innovación para unha Galicia con máis certezas’. Isto supón un aforro de 34 millóns de euros para 7.600 contribuíntes que pagan este imposto ao patrimonio, isto é, que superan os dous millóns de euros entre bens e dereitos.