O mandatario autonómico participou na sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para elaborar unha guía informativa sobre os dereitos e obrigas das persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ocupadas ilegalmente. Rueda defendeu esta medida xa que considerou que o dereito a desfrutar plenamente dunha vivenda en propiedade é “fundamental” e debe ser protexido e salvagardado pola Administración, a mesma asistencia que asegurou que se presta cando unha persoa é vítima dun desafiuzamento “e a nosa obriga é asistila nun momento tan complicado”, equiparou, ao tempo que puxo como exemplo concreto de medidas para estes casos o Bono alugueiro social dirixido a colectivos máis vulnerables, e do que destacou o incremento do seu orzamento.
0