39
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou o apoio do Goberno galego á investigación para esclarecer as causas do naufraxio en augas de Terranova do Villa Pintaxo, do que se cumpre un ano o vindeiro mércores, 15 de febreiro, e do que apuntou como clave na recuperación das vítimas e no rescate dos sobreviventes a actuación dos tripulantes do Playa Menduíña Dos, os que cualificou de “valentes” e “auténticos heroes”.
Así o puxo en valor no acto de recoñecemento en Marín á tripulación desta embarcación, ao que asistiron parte dos membros do Playa Menduíña Dose tamén o seu patrón, Ramón Porto; a voceira dos familiares do Villa Pitanxo, María José Dopazo; e un dos tres sobreviventes do naufraxio, Samuel Kewesi.
