Rueda avanza que lanza a maior oferta de formación sanitaria da historia de Galicia

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou na súa reunión semanal “a maior oferta de prazas de formación sanitaria da historia de Galicia para o exercicio 2023-2024”. En concreto, o titular do Goberno galego explicou que vanse ofertar 636 prazas, das que “un terzo (207) serán para médicos de familia e outras 52 para enfermeiros de Atención Primaria”.

Isto supón que os hospitais e centros de saúde do Sergas contarán no vindeiro exercicio con 16 residentes máis que en 2022. “O número de prazas de formación sanitaria en Galicia non deixou de medrar desde 2012”, lembrou o presidente, que subliñou que na última década “o incremento foi do 70%” ao pasar das 381 prazas ofertadas para 2014-2015 ás 636 da vindeira convocatoria.

Nesta liña, Rueda resaltou a aposta da Xunta para, no marco das súas competencias, ampliar o número de sanitarios (médicos, enfermeiros, farmacéuticos…) que se forman no Sergas co obxectivo de “paliar o déficit actual nalgunhas especialidades” e garantir o relevo xeracional.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?