Rueda avanza que se porá en marcha unha axuda de 12.000 euros ao ano para as persoas con ELA

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que se vai poñer en marcha unha axuda para para apoiar as persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) nos gastos extraordinarios que teñen que realizar por mor desta enfermidade progresiva, sen cura e altamente incapacitante. “O Consello deu hoxe o visto e prace a unhas axudas de 12.000 euros ao ano por paciente e que contarán cunha partida de 3,2 M€ no 2023”. Destacou que, deste modo, “Galicia vai ser a primeira comunidade en pór a disposición das persoas con ELA unha axuda directa e inmediata”. O obxectivo é axudar ás familias a facer fronte ao “gran custo económico” que supón este diagnóstico, xa que unha persoa con ELA pasa nuns meses de ser plenamente autónoma a ter unha gran dependencia.