Rueda convoca as eleccións galegas para o 18 de febreiro, domingo de Entroido

Alfonso Rueda comunicouno tras a celebración do Consello da Xunta na súa reunión semanal; para proceder á convocatoria resulta imprescindible reunir a todo o gabinete. A campaña electoral arrincará o 2 de febreiro. Previamente terá que disolver o Parlamento de Galicia, algo que sucederá de forma automática en canto se publique a convocatoria no Diario Oficial de Galicia. “acabo de trasladar a miña decisión de convocar eleccións para o domingo 18 de febreiro”, dixo ao termo do Consello extraordinario do seu gabinete. O seu reto, revalidar a maioría absoluta que Feijóo obtivo en catro ocasións consecutivas, antes de irse a Madrid a sustituir a Pablo Casado, pero Rueda quedouse cun índice de coñecemento cidadán, segundo as enquisas, notablemente baixo.

Rueda, tamén explicou que os orzamentos estarán aprobados en xaneiro, paso previo para a convocatoria das eleccións, e que serán os máis grandes da historia de Galicia superando os 13.250 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha