Rueda demanda ser esixentes: ‘Nin tutelas nin tutías’


O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, animou a todos os galegos a ser esixentes porque “a esixencia será o único camiño para garantir a normalidade excepcional da que fai bandeira a Comunidade galega”, para o que asegurou que conta con todos para seguir sendo unha excepción de estabilidade, de responsabilidade, de unidade e de sentidiño. Asegurou que o mellor referente para Galicia é a propia Galicia, pero recoñeceu que esta comunidade aínda non é perfecta, polo que anunciou que “seguiremos buscando vías para mellorar”. Aquí non hai nin tutelas nin tutías, aquí hai un presidente do partido, un líder do equipo e un proxecto, confirmou Alfonso Rueda así as verbas de Fraga no seu día e de Feijóo despois.