Rueda destaca a aposta da Xunta polo turismo termal cunha nova liña de axudas


Nunha visita ás termas de Pozo de Teáns, coincidindo coa reapertura destas instalacións en Salvaterra do Miño, Rueda anunciou que unha nova liña de axudas de 800.000 euros permitirá realizar melloras nas termas das Burgas, a Burga do Canedo e A Chavasqueira (Ourense), na área termal do Bañiño (Punxín), nas de Barbantes (Cenlle), e nas de Teáns, “un espazo singular con gran potencial para o turismo”, indicou o presidente da Xunta, en referencia ao conxunto de termas ao aire libre máis grande de Galicia ao que o Goberno galego concedeu tamén unha axuda de 62.500 euros para a adquisición de maquinaria e mellora dos espazos verdes.