0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou ao sector da moda como un dos principais motores da economía de Galicia que contribúe a impulsar a reputación nacional e internacional da comunidade a través de produtos valorados polo seu deseño e calidade. Foi durante a entrega da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia ao deseñador Roberto Verino, onde o presidente salientou que do mesmo xeito que a comunidade galega foi quen de transformar a moda, o sector téxtil tamén axuda a transformar Galicia. Nesta liña, resaltou que a moda é un motor capaz de influír no conxunto da sociedade xa que introduce cambios sociais, industriais e económicos que marcan de forma decisiva e positiva a un territorio.