Rueda destaca o compromiso da Xunta coas persoas maiores


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o compromiso do Goberno galego coa conciliación, co envellecemento activo e co impulso de medidas para paliar a soidade non desexada. Nesta liña, e durante a celebración do XXXIII Congreso Nacional de Viúvas Hispania, Rueda resaltou a gratuidade das escolas infantís para o próximo curso; ou o desenvolvemento das casas niño, para facilitar o coidado de menores en zonas rurais, onde non hai escolas infantís.

Así mesmo, recordou que a Comunidade conta cunha Estratexia Galega de Atención a Soidade non Desexada, para impulsar medidas que axuden a estas persoas a recuperar relacións e unha vida activa en sociedade. “Apoiamos tamén iniciativas para familiarizar aos maiores coas novas tecnoloxías; e puxemos en marcha a Estratexia Galega de Envellecemento Activo, co fin de promover medidas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos maiores e prolongar a súa autonomía”, engadiu.