Rueda destaca o impulso da Xunta á consolidación da Rede de polos de emprendemento

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou o impulso que lle está a dar o Goberno galego á consolidación da Rede de polos de emprendemento. Así o destacou na inauguración dun novo centro de apoio ao emprego no Barco de Valdeorras, onde tamén puxo en valor o labor desta rede de centros para asesorar da man de expertos a aquelas persoas que deciden dar o primeiro paso de emprender. Acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, defendeu o emprendemento pola súa aportación non só á creación de emprego, senón tamén para o desenvolvemento de Galicia en xeral, ao achegar novos produtos e servizos, que desde a súa orixe na Comunidade teñen alcanzado proxección internacional “levando a marca Galicia polo mundo”, enxalzou. 

Consecuentemente, Rueda amosou o compromiso do Goberno galego co emprendemento, tal e como reflicte o pulo que lle dan os orzamentos da Consellería de Promoción do Emprego e igualdade do vindeiro ano con 30,6 millóns de euros destinados en exclusiva a este fin (unha suba do 51,6%) ou a implantación da ‘cota cero’ para o primeiro ano de actividade como autónomo. 

“Se queremos unha Galicia potente hai que apoiar a xente que emprende”, defendeu o mandatario galego con respecto ao impulso á Rede de polos de emprendemento que está a facer a Xunta. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha