Rueda destaca o papel do Camiño de Santiago na promoción da gastronomía de Galicia

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que neste Ano Santo de cifras históricas, en referencia ás máis de 420.000 compostelas que se levan entregado, se debe pór en valor a relevancia que ten o Camiño de Santiago e o Xacobeo para promocionar a gastronomía de Galicia, pero tamén para amosar a faciana máis solidaria dos galegos e galegas. Así o salientou na entrega en Santiago á Asociación compostelá de esclerose múltiple (ACEM) da recadación de 5.200 euros que conseguiu este verán Estrelas solidarias no Camiño, iniciativa gastronómica solidaria na que participaron este ano 27 cociñeiros de prestixio de toda España, moitos deles coa distinción da ‘Estrella Michelin’.